Visita Guiada
Trátase de reconstruccións virtuais realizadas a partir do estado dos coñecementos en 2018.
A VÍA NOVA
Importancia da vía para comunicar Braga e Astorga polo interior. O ouro na comarca. Aparición de novos lugares de hábitat e novos hábitos (Baños de Riocaldo).
AS PORTAS DO FORTE
Punto de vixía. Control dos que están fóra pero tamén dos que se encontran no interior do forte.
OS BARRACÓNS
Vida cotidiana. Espazos nos que se fai a comida, se durme e se fai vida en común cos outros soldados. En Aquis Querquennis hai patios interiores: espazo de socialización, xogos, etc.
O CUARTEL XERAL
Espazo administrativo: papeleo, funcionarios… no que se pode representar o clásico lío burocrático: por exemplo, un problema coas contratas.
O HOSPITAL
Os hospitais militares son un fito histórico. Son os primeiros representantes do seu tipo e indican ademáis que desde o Estado se vela pola saúde dos soldados, non porque se lles teña aprecio, senón porque son o único brazo institucional do Estado e porque son un recurso valioso: leva tempo adestrarlos.
OS HORREA
Indican o inmenso esforzo da loxística militar. Implican unha recolección de bens que condiciona os ritmos de producción agrícola e se relaciona co pago dos tributos.