A REDE VIARIA ROMANA EN XERAL, E DO NOROESTE IBÉRICO, EN PARTICULAR
Como queira que se perdeu o segmento da Tábula Peutingeriana que incluía a Península Ibérica, peferimos recorrer ao Itinerario de Antonino para ofrecer una descripción posible da rede viaria romana de Hispania. Non conserva ilustracións, como no cado da devandita tábula, pero si datos precisos toponímicos e numéricos que permiten articular un mapa de vías fiable. Certo que non figuran nel todas as vías que realmente existieron, pero iso sucede tamén na totalidade das demais fontes conservadas.
Portada do libro: “Itinerarium Antonini Augusti”. 1735.
¿Que é o Itinerario de Antonino?
Os romanos viaxaban moito, utilizaron carros de todo tipo e deixaron constancia dos seus camiños de forma detallada, sinalando coas súas milliarium as distancias e situando os lugares onde onde se aloxaban de forma moi definida.
O Itinerario de Antonino recolle unha recompilación de 372 itinera, rutas do Imperio romano, onde se identifica orixe, destino e distancia total. De todos os que inclúe, 34 itinera corresponden ás Provincias de Hispania.
Deste itinerario só consérvase a copia procedente da época de Diocleciano (século IV). A pesar do seu nome, non parece que teña relación co emperador Antonino Pío, senón máis ben con Marco Aurelio Antonino, coñecido como Caracalla, que gobernou desde o 211 ata o 217, e en cuxos tempos se empezou a compilar o itinerario
Como no caso de Roma, Constantinopla e Antioquía, tamén de Hispania conservamos alegorías personificadas datables na época romana mesma. Na representación que ofrecemos, Hispania aparece como unha matrona cunha rama de oliveira nas mans, símbolo da súa proverbial riqueza oleícola xa desde datas moi temperás.
No que respecta ao Noroeste, ofrecemos un mapa de vías froito da investigación de todo un equipo de especialistas. Sobre el articúlanse trazados certos ou meramente probables, segundo as pegadas que deixou a aparición de miliarios, moitos deles inéditos ata fai moi pouco tempo. En calquera caso, a densidade destes cilindros dentro do ámbito da Gallaecia romana resulta verdadeiramente paradigmática, superando os cálculos máis optimistas doutras rexións do Imperio, tamén ricas neste tipo de monumentos.
Os miliarios romanos
Os romanos construíron unha extensa rede de calzadas e camiños nos territorios aos que poñían algunhas veces sinalizacións de pedra coñecidas como miliarios. Os primitivos sinais romanos tiñan, forma de pedras cinceladas e pesaban centenares de quilos. Tratábase de enormes columnas cilíndricas de ata catro metros de altura.
Estes bloques levantábanse en distintos tramos e levaban inscricións gravadas directamente e indicaban ao viaxeiro as millas ás que se situaba Roma, ou as direccións para seguir e a distancia entre as cidades que unía a vía onde se erixían. (Dedicaremos próximos artigos á orixe, características e detalles destas sinalizacións romanas)
De todos os xeitos, as posibilidades non se esgotan co logrado, constituíndo unha certeza a existencia doutras vías non dotadas de epígrafes viarios que teñen a súa orixe na época romana.