Aquis Querquennis

Como chegar - AquisQuerquennis 3D

COMO CHEGAR

En Porto Quintela, no concello de Bande, a só 8 km. da capital do municipio, atopamos o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis, que está situado no corazón da Baixa Limia – parque natural da Serra do Xurés, Reserva Mundial da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

A Vía Nova ou Vía XVIII, a principal vía romana, que unía Braga e Astorga, atravesa o lugar.

A escasos metros do xacemento, atópase a Porta de Bande e o Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, punto de recepción e información sobre os citados recursos. Alberga, asimismo, o museo da Quarquernia (a comarca da Baixa Limia) na etapa máis antiga (desde a Prehistoria ata a Idade Media).

Realízanse visitas guiadas ó xacemento, con tarifas reducidas, que poden consultar previamente por calquiera dos seguintes medios:

Localización

Parroquia: Os Baños (San Xoán)

Lugar: Os Baños – 32845 Bande – Ourense

Coordenadas Aquis Querquennis:

  • 41.973865, -7.980613
  • +41° 58′ 25.91″, -7° 58′ 50.21″