Aquis Querquennis

Educación - AquisQuerquennis 3D

Conocer para valorar e así conservar e protexer.

Aquis Querquennis, conocido coloquialmente como A Cidá (en galego «A Cidade»), é un complexo arqueolóxico romano formado por un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños de Bande, na provincia de Ourense, ás beiras do río Limia no embalse de As Conchas. O campamento estableceuse no lugar para a construcción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Ocupado entre o último cuarto do siglo I ata os anos 20 do II. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II – III. No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como «Ruta da Rainha Santa», nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos viandantes. Tal ruta coincide no seu tramo inicial ata Bande coa citada calzada romana: Vía Nova ou Vía XVIII, e esta vai a ser reivindicada como «Camiño Xacobeo» por diversas asociacións da comarca.

No lugar atópase a Porta de Bande e o Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Descubrimento e excavación do campamento
As primeiras prospeccións realizounas Florentino López Cuevillas na década de 1920, despois de visita-lo recinto o 5 de xuño de 1921 con Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e o abogado de Bande Farruco Pena. En 1949 foi asolagado baixo as augas do encoro das Conchas, de Fenosa (Forzas Eléctricas do Noroeste). Esta empresa autorizou as excavacións a partir de 1975, baixo a dirección de Antonio Rodríguez Colmenero durante case vinte anos, centrándose especialmente no cuadrante noroeste. A día de hoxe continúan baixo a man de Santiago Ferrer Sierra.

Descripción do campamento
O campamento, que ocupaba unha extensión de 2,5 hectáreas, estaba rodeado por unha muralla con forma rectangular e esquinas redondeadas. Na mesma sobresalían torres defensivas cuadrangulares entre as portas e as esquinas. A muralla foi levantada con perpiaños pequenos de granito unidos a óso (encaixados sen cemento). Tiña 3,20 m de anchura, unha altura próxima a 5 m e estaba rematada por almenas semicilíndricas. O sistema defensivo posuía ademáis un foso exterior con forma de V, con 5 metros de anchura e 3 m aproximadamente de fondo. Contaba con catro portas monumentais das que se excavaron a Principalis Sinistra (porta principal do lado esquerdo) e a Decumana, no lado oeste. A Principalis contaba con dúas pequenas aberturas, unha de entrada e outra de saída. A Decumana era similar, pero cunha única abertura. O sistema defensivo complétase co intervallum de 11 m de anchura, un espazo de seguridade sen construccións entre a muralla e a primeira línea de edificacións.

A MANSIÓN VIARIA
A poucos metros do campamento atópase a mansión viaria. Sería a terceira desde Braga. Nela hai varias estancias, que se emplearían para hospedar ós viaxeiros que recorrían a vía romana e como cuadras para as cabalerías. Tamén se encontrou un forno para coce-lo pan e un pozo circular. Consérvase ademáis un vestíbulo enlosado para acceder á mesma.

Moi preto da pousada está unha zona de augas termáis coñecida como O Baño. Nela hai varias piscinas e bañeiras de pedra, que son vestixios dun balneario que funcionou ata a construcción do citado encoro das Conchas. No lugar estarían as termas romanas, pero aínda non foron excavadas.