Aquis Querquennis

Isto foi feito - AquisQuerquennis 3D

Arquitectura do Aquis (III): Barracóns dos soldados, obradoiros, zonas extramuros e poboados

Neste post finalizaremos a serie de artigos relacionados coa arquitectura que conforma o campamento arqueolóxico romano Aquis Querquennis. Podedes ler os dous anteriores en: Arquitectura del Aquis (I): Construcción y sistema defensivo Arquitectura del Aquis (II): Cuartel general, hospital y horrea. Comentaremos neste caso como era a arquitectura, materiais e planta de diversas zonas que […]

Arquitectura do Aquis (II): Cuartel xeral, hospital e horrea

No artigo anterior comentabámosvos como se realizou a construción, os materiais que se utilizaron e que características tiña o campamento romano Aquis Querquennis. Se non o lestes aínda podedes botarlle unha ollada aquí. Continuaremos comentando de forma resumida como eran a arquitectura e os diversos elementos que compoñen a planta do complexo arqueolóxico Aquis Querquennis. […]

Arquitectura do Aquis (I): Construción e sistema defensivo

Resulta imposible responder a todos os interrogantes que presenta un xacemento unicamente a partir dos restos materiais e estruturais recuperados nese mesmo sitio. Por iso, é necesario recorrer a descubrimentos arqueolóxicos paralelos de diverso tipo para poder realizar unha reconstrución histórica veraz das estruturas exhumadas. Para este proxecto trataremos de elaborar a virtualización dos distintos […]

Aquis Querquennis 3D – O noso Proxecto

Interpretar e divulgar de forma correcta a vida de civilizacións anteriores sempre foi unha das maiores preocupacións dos historiadores e humanistas. Non se pode analizar unha arquitectura ou acto social pasado baixo a nosa mirada, pois se debe recrear baixo os ollos dos seus antigos cidadáns. Un exemplo bastante claro é a diferente concepción que […]

O campamento romano: Un pouco de historia

Na actual provincia de Ourense a pouco máis de sete quilómetros do pobo de Bande atópase o destacado xacemento arqueolóxico da Baixa Limia, que inclúe un antigo campamento da Lexión VII Gemina e unha mansión viaria. A lexión debeu de desprazar ata alí una das súas cohortes para encargarse da construción, o mantemento e a […]

Zona de interese: Igrexa de Santa Comba

Igrexa da época visigótica atribuída ao século VII. Ao parecer formou parte dun antigo cenobio ou mosteiro. Comparte características con outras igrexas da época, que en Galicia non abundan precisamente. Santa Comba de Bande – Planta A súa planta é de cruz grega, cubríndose con bóvedas de aresta e medio canón organizadas ao redor dunha […]

Ruta: Sendeiro de Castrexo de Vilela

Dificultade técnica Media, Sendeiro circular Tipo de percorrido BTT y sendeirismo Intereses Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico Duración 2 horas Distancia total 4.69 km   Castrexo de Vilela Este sendeiro parte de Cima de Vila e discorre por unha frondosa carballeira. Une dous importantes vestixios da cultura castrexa, como son o Castro da Croa, desde o […]

A rede viaria oficial do imperio romano

Prescindindo doutras fontes antigas, ás veces máis precisas en aspectos puntuais, preferimos, na presente ocasión, e á hora de representar a rede viaria xeral do Imperio Romano, guiarnos polo famoso mapa pintado coñecido como Tábula Peutingeriana. Tomou o nome de Konrad Peutinger, a quen a doou en testamento o seu descubridor, Konrad Celtis, en 1507. […]

Os emperadores que construíron a Vía Nova – Dinastía Flavia

A construción da Vía Nova entre Braga e Astorga tivo lugar durante os imperios de Tito Flavio e o seu fillo, Tito. Finalmente foi inaugurada por Caio Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo, no 79 d. C. segundo consta nun miliario. Emperador Tito Flavio Vespasiano Flavio Vespasiano Tito Flavio Vespasiano (en latín, Titus Flavius Vespasianus; 17 […]

A Sociedade Romana: Unha pequena aproximación

A organización do Imperio Romano Ao longo da nosa historia pasaron pola península diferentes pobos, cada un deles coa súa propia cultura e tradicións. De todos eles fomos aprendendo e arraigando certos modos de vida, pero un dos máis importantes foi o Imperio Romano. A coñecida “romanización” é un proceso polo cal moitas rexións baixo […]

Ruta: Sendeiro de Bande – Serra de Leboreiro

Dificultade técnica Media-alta. Sendeiro lineal Tipo de percorrido BTT, a cabalo e sendeirismo Intereses Paisaxístico, etnográfico Duración 5 horas Distancia total 16.570 km Sendeiro de Bande – Serra de Leboreiro Este sendeiro comeza na Praza da Constitución de Bande e permitiranos apreciar a arquitectura popular das distintas aldeas polas que pasa: petos a ánimas, fornos, […]

Lembrando as etapas da conquista Romana na península

As principais etapas da conquista romana en Hispania PRIMEIRA ETAPA Polo Tratado do Ebro (226 a. C.) romanos e cartaxineses repartíronse as áreas de influencia no Mediterráneo.   Os cartaxineses asedian Sagunto en 219 a. C. e isto sérvelles de escusa aos romanos para declararlles a guerra, denominada Segunda Guerra Púnica (218 a. C. – […]

A igrexa parroquial de San Pedro de Bande, do século XVIII, é de estilo barroco. A súa fábrica é de robusta e espida arquitectura, ofrecendo unha gran sobriedade, o que lle imprime un aire de fortaleza. Dita austeridade tamén pode ser advertida na casa reitoral, a cal se atopa organizada ao redor dun precioso patio […]

Ruta do Monte Grande

Dificultade técnica Media. Sendeiro circular Tipo de percorrido BTT, a cabalo e sendeirismo Intereses Paisaxístico, etnográfico e natural Duración 8 horas e media Distancia total 31.7 km (Incluíndo as derivacións e variantes) Sendeiro principal: 17.3km Variante máis curta: 8 km O sendeiro principal, así como a súa variante máis curta ten como punto de partida […]

Termas Romanas de Bande

Xenerosas augas termais brotan impetuosas neste pintoresco espazo termal recentemente acondicionado no que, con todo, é posible utilizar as antigas bañeiras. Ás augas, de temperatura comprendida entre os 36 e os 48 graos, atribúenselles propiedades beneficiosas contra o reumatismo e as enfermidades da pel. Este lugar en Porto Quintela, no municipio de Bande, Ourense, é […]

Dixitalización de Aquis Querquennis Como se fixo?

Nos últimos anos a dixitalización 3D converteuse nunha ferramenta indispensable nos traballos arqueolóxicos, tanto para os xacementos situados na superficie terrestre como para os que se atopan enterrados. Este novo modo de traballar proporciona unha documentación precisa e en detalle dos distintos elementos que constitúen o obxecto ou lugar de estudo para obter uns resultados […]

Aquis Originis: Mansión Romana na Vía Nova

Mansio viaria Aquis Originis: Descanso dos viaxeiros que empregaban as calzadas romanas da antigüidade. Esta é a primeira mansión viaria que atopamos no camiño da vía XVIII (Vía Nova) do itinerario Antonino ao penetrarmos no actual territorio de Galicia, máis exactamente entre as millas 38 e 39 do citado itinerario e preto dun afloramento de […]

Ruta: Camiño Natural Vía Nova

Dificultade técnica Media. Sendeiro lineal Tipo de percorrido BTT, sendeirismo Intereses Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico Duración 7 horas Distancia total 31 km (tramo Santa Comba – A Porte Liñares: 23km) Este camiño natural recibe o seu nome da Vía XVIII romana, coñecida tamén como Via Nova.   Construída durante o imperio de Vespasiano e o […]

Exército Romano: Como recrutaban e cal era o seu equipamento militar

Segundo transmiten as fontes antigas, o exército romano contaba cun proceso de selección á hora de recrutar novos soldados para as lexións. Compoñíase dun exame físico, outro intelectual e un último xurídico xa que os mozos que se presentaban a esta probatio tiñan que acreditar ser cidadáns romanos. Nela observábanse determinados criterios de idade, talla […]

Exército Romano: Indumentaria dos distintos corpos

No artigo anterior falámosvos da indumentaria dos lexionarios ou soldados de infantaría pesada. Neste caso continuaremos por onde nos quedamos, explicando de forma máis detallada a indumentaria do resto de corpos militares que conformaban un campamento romano. O soldado auxiliar ou infante lixeiro En conxunto, os corpos militares auxiliares presentaban no seu equipamento unha heteroxeneidade […]

Vía Nova: Calzada Romana entre Bracara e Augusta

A denominada vía Nova (Vía XVIII) foi un dos principais eixos viarios que articularon o territorio norpeninsular durante a Antigüidade. Dos tres grandes itinerarios descritos no Itinerario Antonino que atravesan a actual Galicia, parece que esta vía XVIII sería a de máis recente construción, pois os seus miliarios máis antigos pertencen aos anos 79- 80 […]

Ruta: Camiño de San Rosendo

Dificultade técnica Media. Sendeiro liña Tipo de percorrido BTT, sendeirismo Intereses Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico Duración 8 horas Distancia total 28.3 km (tramo Santa Comba – Alto do Vieiro: 15.2km) A ruta de san Rosendo desde Porto-Quintela ata Ourense forma parte da recuperación de 225 km de vías peonís que comunican Porto-Quintela (Bande) e Foz […]

¿Por que un campamento Romano neste lugar?

¿Por que un campamento Romano en Ourense? Xa ben avanzado o século I da nosa era, nos tempos do emperador Vespasiano, Roma decidiu abrir unha ruta máis curta e directa entre Braga e Astorga, a chamada Via Nova, a través das terras interiores da Gallaecia, que inaugurou no ano 79, no nome do emperador Tito, […]

¿Como se construían as vías Romanas?

Construción dunha Vía Romana como a Vía Nova Antes da chegada dos romanos á Península Ibérica, e a outras rexións de Europa, non existían estradas propiamente ditas. Si que existían camiños para o gando de pouca importancia, que unían poboados indíxenas. A administración romana, unicamente proxectaba a construción de estradas en territorios sobre os cales […]

Restos romanos atopados en Aquis Querquennis

Restos romanos atopados en Aquis Querquennis As escavacións no recinto militar de Bande arroxaron un volume moi elevado de restos de cultura material que nos pode axudar a comprender como se organizaba o día a día na fortificación. Ferramentas e outros útiles Por diversos motivos, o volume de restos metálicos recuperados no xacemento non é […]

A rede viaria romana en xeral, e do noroeste ibérico, en particular

A REDE VIARIA ROMANA EN XERAL, E DO NOROESTE IBÉRICO, EN PARTICULAR Como queira que se perdeu o segmento da Tábula Peutingeriana que incluía a Península Ibérica, peferimos recorrer ao Itinerario de Antonino para ofrecer una descripción posible da rede viaria romana de Hispania. Non conserva ilustracións, como no cado da devandita tábula, pero si […]