As principais etapas da conquista romana en Hispania
PRIMEIRA ETAPA
- Polo Tratado do Ebro (226 a. C.) romanos e cartaxineses repartíronse as áreas de influencia no Mediterráneo.
- Os cartaxineses asedian Sagunto en 219 a. C. e isto sérvelles de escusa aos romanos para declararlles a guerra, denominada Segunda Guerra Púnica (218 a. C. – 206 a. C.). A vitoria das tropas romanas fai que para o 205 a. C. o sur e a costa mediterránea pasen a depender de Roma.
- É entón cando os romanos dividen Hispania en dous territorios: Citeror e Ulterior.
SEGUNDA ETAPA
- Teñen lugar as guerras cos lusitanos e os celtiberos, en diferentes territorios, pero practicamente simultáneas no tempo, concretamente entre 154-133 a. C. Xorden polas continuas incursións dos pobos lusitanos que estaban a facer que o pobo romano tivese grandes perdas económicas. Ambos os combates son gañados polos romanos, co asasinato de Viriato (líder lusitano) e o asedio e a conquista de Numancia (cidade celtíbera)..
- No 123 a. C. son conquistadas as Baleares.
TERCEIRA ETAPA
- Desde aproximadamente o ano 50 a. C., soamente os cántabros e os astures mantiñan a independencia fronte a Roma. O resto dos poboadores da península xa foran sometidos, ou adheridos voluntariamente aos romanos.
- En calquera caso, o teatro de operacións quedaría dividido en dous:
Asturias, León, zonas de Zamora e Galicia a un lado.
Cantabria e norte de Palencia e Burgos ao outro.
Neste contexto teñen lugar as Guerras Cántabras, contra o emperador Romano Augusto. Con iso finaliza a conquista romana despois de 7 anos de conflito. A guerra pódese dar por finalizada no 19 a. C., aínda que se ten constancia de rebelións menores posteriores.