Aquis Querquennis

O Forte Romano - AquisQuerquennis 3D

O FORTE ROMANO

Nas beiras do Río Limia (Porto Quintela) e medio fundido no embalse de As Conchas, encóntrase o fantástico campamento de Aquis Querquennis que no seu tempo albergou as lexións romanas, xa fose para construír a famosa “Vía Nova”, (que unía Braga con Astorga) ou ben para colonizar estas, antaño, salvaxes e inhóspitas terras. Foi construido sobre os anos 69-79 d.c. e abandonado sobre o 120 d.c.

A superficie total do noso recinto está cerca dos 25.000 metros cadrados, dando cabida a uns 500 lexionarios, contando ademáis cunha turma ou escuadrón auxiliar de cabalería.

O trazado e alzado das estruturas, organizadas en cuadrículas en torno ás dúas vías fundamentais perpendiculares entre sí, cardo (N-S) e decumanus (E-W), realizouse según un esquema ortogonal común, salvo lixeiras variantes, con outros campamentos da época. En todo caso, os conxuntos estruturais ata a data exhumados, total ou parcialmente, son os seguintes: principia ou cuartel xeral, dous grandes hórreos para a almacenaxe de alimentos non perecedeiros, Valetudinarium (hospital), cinco barracóns da tropa, vías e canais de drenaxe, ademáis de sistema defensivo (muralla coas súas torres, porta pincipalis sinistra, porta principal esquerda, porta decumana, porta sur, pequeno sector do foso e intervallum, ou vía perimetral, tamén chamada sagularis).

Aquis Querquennis - recreación virtual

Aquis Querquennis - recreación virtual

A superficie total do noso recinto áchase preto dos 25.000 metros cadrados, dando cabida a uns 500 lexionarios, contando ademáis cunha turma auxiliar de cabalería.

A escasos metros do campamento atópase a mansión viaria. Sería a terceira desde Braga. Nela hai varias estancias, que se emplearían para hospedar ós viaxeiros que recorrían a vía romana e como cuadras para as cabalerías. Tamén se encontrou un forno para coce-lo pan e un pozo circular. Consérvase ademáis un vestíbulo enlosado para acceder á mesma.

Moi preto da pousada está unha zona de augas termáis coñecida como O Baño. Nela hai varias piscinas e bañeiras de pedra, que son vestixios dun balneario que funcionou ata a construcción do citado encoro das Conchas. No lugar estarían as termas romanas, pero aínda non foron excavadas.