Aquis Querquennis

Os emperadores que construíron a Vía Nova - Dinastía Flavia - AquisQuerquennis 3D

Emperadores Dinastía Flavia
vsion 20 Maio, 2020 Non hai comentarios

A construción da Vía Nova entre Braga e Astorga tivo lugar durante os imperios de Tito Flavio e o seu fillo, Tito. Finalmente foi inaugurada por Caio Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo, no 79 d. C. segundo consta nun miliario.

Emperador Tito Flavio Vespasiano

Flavio VespasianoFlavio Vespasiano Tito Flavio Vespasiano (en latín, Titus Flavius Vespasianus; 17 de novembro de 9-23 de xuño de 79) coñecido como Vespasiano, foi emperador do Imperio romano desde o ano 69 (tras suceder a Nerón falecido no ano 68 sendo o primeiro emperador de orixe non romana, debido a que era sabino. Como emperador, tratou de sanear o goberno e as finanzas públicas á vez que tentaba aparecer como o restaurador das antigas tradicións con numerosas medidas:

  • Restableceu impostos que foran abolidos anteriormente, creou outros novos (chegou a gravar con impostos os urinarios públicos), duplicou o tributo que debían entregar as provincias e revogou a inmunidade imperial.
  • Iniciou un completo programa de construción, entre elas o templo da Paz, o templo en honor do emperador Claudio e comezou a reconstrución do Capitolio.
  • Nomeou novos xuíces, co encargo de reducir rápida e drasticamente os casos xudiciais sen resolver, e de restituír o que se arrincou pola forza durante as guerras civís.
  • Outro dos seus cambios máis representativos foi o de establecer no Imperio Romano o principio de monarquía hereditaria.

Antes de Vespasiano, o dereito romano aplicábase única e exclusivamente aos cidadáns romanos e o dereito latino aplicábase aos cidadáns italianos non-romanos. E o resto das provincias eran tratadas bastante peor.

Urinario Romano
Urinario Romano. Vespasiano impuxo unha taxa pola súa utilización. Os ouriños eran un ben moi prezado na antiga Roma, chegándose a usar para lavarse os dentes ou en lavanderías.

E, ao formar parte do exército, pasaban a dispoñer doutros beneficios, como a cesión de terras ao finalizar os seus anos de estancia no exército, a concesión da cidadanía romana ao remate dos seus anos de servizo e a posibilidade de ser elixidos para cargos de mediana importancia.

Á idade de 78 anos, e en claro contraste cos seus inmediatos predecesores imperiais, morre de morte natural por unha infección. Co seu espírito sardónico, antes de morrer dixo:

“Vaia! Creo que me estou convertendo en deus!”
aínda que despois disto insistiu en que o axudasen a levantarse:
“Un emperador debe morrer de pé”


Emperador Tito Flavio Sabino Vespasiano

Tito FlavioTito Flavio O César Emperador Tito Flavio Sabino Vespasiano (en latín: Titus Flavius Sabinus Vespasianus) fillo de Flavio Vespasiano foi emperador do Imperio romano desde o ano 79 ata a súa morte, no ano 81 e finalizou a construción da Vía Nova entre Braga e Astorga (Anos 79) sendo inaugurada por Cayo Calpetano Rantio Quirinal Valerio Festo legado propretor de Augusto (da provincia Citerior).
Contra todo prognóstico, Tito demostroulle ao pobo que era un emperador eficaz e foi moi querido por todos os romanos, debido a que posuía as mellores virtudes.

Finalizou a construción do Anfiteatro Flavio, coñecido comunmente como o Coliseo de Roma. Para máis honra e gloria da dinastía dos Flavios, iniciáronse as obras do Templo de Tito e Vespasiano que finalizarían durante o goberno de Domiciano.

Tito caeu enfermo e morreu por mor dunhas febres, ao parecer na mesma leira que o seu pai. Segundo parece, as últimas palabras que pronunciou Tito foron «só cometín un erro». Os historiadores especularon moito sobre a natureza exacta da morte de Tito e do erro ao que se refire nas súas últimas palabras, Filóstrato defende que foi envelenado por Domiciano e o erro ao que Tito se refire é non ter executado ao seu irmán cando descubriu a súa participación no complot contra a súa persoa.

El coliseo de Roma
O coliseo de Roma. Loitas entre bestas salvaxes, condenados devorados polas feras, combates entre gladiadores… Tales foron os espectáculos que acolleu desde a súa inauguración o Coliseo de Roma, o maior anfiteatro do mundo romano.

Durante o mandato desta liñaxe, en Roma floreceu un dos seus símbolos eternos, o Coliseo ou Anfiteatro Flavio, cuxas obras comezaron baixo o mandato de Vespasiano e que se converteu no anfiteatro máis grande xamais construído no Imperio romano, que segue en pé case 2.000 anos despois. Aínda que é certo que neste período se levantaron grandes construcións, tamén sucederon todo tipo de calamidades: a erupción do Vesubio, o 24 de agosto do 79, dous meses despois da morte de Vespasiano, que arrasou Pompeya e Herculano; un incendio en Roma no ano 80, catastrófico, aínda que menor que o acaecido doce anos antes baixo o reinado de Nerón, e unha epidemia de peste.