RECONSTRUCCIÓNS VIRTUAIS
A reconstrucción virtual está enmarcada cronolóxicamente no momento do pleno funcionamento do forte como recinto militar romano.
O resultado final dunha reconstrucción virtual en 3D soe resultar sorprendente e provoca admiración pola súa potencia e impacto visual, sen embargo, ata chegar a ese punto recorremos todo un camiño de investigación colectiva, bocetos 2D e 3D, probas e pasos máis ou menos en falso, que acaban configurando a forma final da reconstrucción.
A VIA NOVA
Importancia da vía para comunicar Braga e Astorga polo interior. O ouro na comarca. Aparición de novos lugares de hábitat e novos hábitos (Baños de Riocaldo).
AS PORTAS DO FORTE
Punto de Vixía e de control dos que están fóra pero tamén dos que se encontran no interior do forte.
OS BARRACÓNS
Vida cotidiana. Espazos nos que se fai a comida, se durme e se fai vida en común cos outros soldados. En Aquis Querquennis hai patios interiores: espazo de socialización, xogos…
O CUARTEL XERAL
Espazo administrativo: papeleo, funcionarios… no que se pode representar o clásico lío burocrático: por exemplo, un problema coas contratas.
O HOSPITAL
Os hospitais militares son un fito histórico. Son os primeiros representantes do seu tipo e indican ademáis que desde o Estado se vela pola saúde dos soldados. Non porque se lles teña aprecio, senón porque son o único brazo institucional do Estado e porque son un recurso valioso: leva tempo adestralos.
OS HORREA
Indican o inmenso esforzo da loxística militar. Implican unha recolección de bens que condiciona os ritmos de producción agrícola e se relaciona co pago dos tributos.