Aquis Querquennis

A Via Nova - AquisQuerquennis 3D

A VÍA NOVA

A Vía Nova é Roma entre Galicia e Portugal. Denominada Vía Nova ou Vía XVIII unía as poboacións de Braga (Bracara Augusta) en Portugal e Astorga (Asturica Augusta).
Son uns 315 quilómetros de calzada romana. A súa creación estivo relacionada coa extracción de ouro e supuxo a aparición de novos núcleos de poboación e novos hábitos.

É un dos itinerarios que conserva un maior número de miliarios en toda Europa.

O establecemento dunha vía de comunicación interna permitía unha mellor xestión administrativa e a explotación económica do territorio.
Como resultado, a ruta tamén serviu para intercambiar excedentes que lles permitiron ás comunidades locais pagar os seus impostos.

Galería de imaxes