AS PORTAS DO FORTE
Benvidos a Aquis Querquennis coñecido coloquialmente como A Cidá (“a cidade”).
Aquis Querquennis sitúase á beira do río Limia na parroquia de Baños de Bande no lugar onde hoxe se atopa o encoro das Conchas. Aquí estableceuse un campamento romano sobre o que se construíu un forte permanente e preto del unha mansión-viaria.
As portas non só servían para controlar a quen quixese acceder desde o exterior senón tamén á disciplina dos soldados que habitaban no interior.