Aquis Querquennis

Barracóns - AquisQuerquennis 3D

OS BARRACÓNS

No interior de Aquis Querquennis existen seis barracóns de soldados, liñas de habitáculos en edificios enfrontados ao redor dun patio con pozos que permiten a recolección e o uso das augas pluviais.

As estancias están divididas en dous ámbitos de 3×3 metros e preparadas para albergar ata a oito soldados.

Un deles serve de dormitorio, dispoñendo de liteiras para tal uso, o outro espazo serve para cociñar, para a vida diaria, como almacén…

Fronte a cada unha, tamén hai un forno para cocer pan e outros alimentos.

Galería de imaxes