OS HORREA
Os horrea (ou celeiros) foron de vital importancia para a loxística militar romana.
Son un tipo de edificación de planta rectangular, arquitectonicamente caracterizada polos seus anchos muros, pola presenza de contrafortes ao exterior e de chans sobreelevados mediante un sistema de pilastras ao interior.
Eran lugares de almacenamento de produtos alimenticios, principalmente gran, polo que había que corrixir o excesivo empuxe que provocaba o volume das mercadorías, sobre as paredes laterais e evitar ao mesmo tempo aspectos como unha excesiva humidade ou a acción dos roedores.