Aquis Querquennis

Ruta: Camiño de San Rosendo - AquisQuerquennis 3D

vsion 17 Maio, 2020 Non hai comentarios

Dificultade técnica

Media. Sendeiro liña

Tipo de percorrido

BTT, sendeirismo

Intereses

Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico

Duración

8 horas

Distancia total

28.3 km (tramo Santa Comba – Alto do Vieiro: 15.2km)

A ruta de san Rosendo desde Porto-Quintela ata Ourense forma parte da recuperación de 225 km de vías peonís que comunican Porto-Quintela (Bande) e Foz (Lugo).

O redondo – Ruta de San Rosendo

Leva o nome de san Rosendo polo santo que se coñece como o defensor e pacificador de Galicia, pero tamén fai referencia a este percorrido unha obra chamada “A vía romana do Gerês” escrita por Don José Matos Ferreira despois de realizar o percorrido no ano 1728. Durante a ruta, pódense descubrir magníficos exemplos do patrimonio relixioso como o templo visigodo de Santa Comba, a igrexa de Bande e o mosteiro de Celanova, entre outros.

Este sendeiro parte da aldea de Santa Comba. O seu paso pola igrexa de Santa Comba, o xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis ou os arredores do castro de Pena Maior fan desta Ruta un itinerario imprescindible para os amantes da arqueoloxía.

 

A estas paraxes únicas e de indiscutible beleza hai que engadir a riqueza etnográfica, natural e cultural deste camiño. A partir do Alto do Vieiro internámonos en terras do Concello de Verea para terminar o percorrido en Celanova.

Monasterio de San Rosendo

Mosteiro de San Rosendo