Aquis Querquennis

Ruta do Monte Grande - AquisQuerquennis 3D

vsion 19 Maio, 2020 Non hai comentarios

Dificultade técnica

Media. Sendeiro circular

Tipo de percorrido

BTT, a cabalo e sendeirismo

Intereses

Paisaxístico, etnográfico e natural

Duración

8 horas e media

Distancia total

31.7 km (Incluíndo as derivacións e variantes)
Sendeiro principal: 17.3km
Variante máis curta: 8 km

O sendeiro principal, así como a súa variante máis curta ten como punto de partida o alto coñecido como Outeiro do Lermes. De visita imprescindible son os petróglifos, os sepulcros e o Foxo dos Lobos (trampa para cazar os lobos, consistente nunha construción con paredes de pedra en forma de ‘V’ e converxentes nun foso).

Non debemos esquecer tampouco mencionar o paso polos viveiros, áreas de lecer, lagoas artificiais e miradoiros, así como as masas de flora autóctona e a repoboación de coníferas, de grande interese botánico.

Pártese da zona que arrinca á dereita da Fonte do Foxo en dirección leste, ata percorrer dous km para chegar ás pinturas rupestres do Arieiro, con representacións simbólicas e círculos concéntricos da Idade do Bronce.

Seguindo cara ao norte chegaremos ás sepulturas do Arando, túmulos funerarios Neolíticos con cámara de inhumación. Desde as sepulturas desviarémonos apenas medio km para contemplar o foxo do lobo das Covateiras, e volver ao mesmo camiño polo que se accede á pista principal do Monte Grande.

Petróglifos Monte Arierio – Monte Grande

Descenderemos dous km para virar á esquerda e seguir dirección sur ata chegar á zona de Lermes, onde se sitúan unha fonte, un merendeiro e un pequeno lago. Seguindo a ruta principal nun km chegaremos ao momento de partida.

Durante o circuíto iremos contemplando a gran cantidade de diversidade arbórea do Monte Grande, e a paisaxe das serras circundantes. O bosque alberga gran cantidade de fauna salvaxe, onde destaca o lobo, o raposo, corzos, xabarís, garduñas…

Foxo as covateiras - Monte Grande