Aquis Querquennis

Ruta: Sendeiro de Castrexo de Vilela - AquisQuerquennis 3D

vsion 21 Maio, 2020 Non hai comentarios

Dificultade técnica

Media, Sendeiro circular

Tipo de percorrido

BTT y sendeirismo

Intereses

Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico

Duración

2 horas

Distancia total

4.69 km

 

Castrexo de Vilela

Este sendeiro parte de Cima de Vila e discorre por unha frondosa carballeira. Une dous importantes vestixios da cultura castrexa, como son o Castro da Croa, desde o que se ascende ao castro de Pena Maior e onde se domina o Val do Limia, e os cumes da Serra de Xurés. Vexetación, patrimonio e paisaxe mestúranse harmoniosamente para ofrecerlle ao sendeirista un escenario perfecto onde desconectar e desfrutar da natureza.

 

Un castro é un poboado fortificado celta, polo xeral prerromano, aínda que existen exemplos posteriores que perduraron ata a Idade Media en Europa e propios de finais da Idade do Bronce e da Idade do Ferro. Atópanse con frecuencia na península ibérica, en particular no noroeste coa cultura castrexa e na meseta coa cultura das cogotas.

Para situarnos no mundo Castrexo, teremos que imaxinar milleiros de poboados coroando os outeiros do noso país, protexidos por enormes murallas; distribuídos pola actual Galicia, norte de Portugal e occidente asturiano, respondendo a un modelo xeoestratéxico que asentou definitivamente a poboación rural galega.

Non era unha cultura uniforme e lineal rexida por unha xefatura ou organización estatal, senón que se trataba dun fenómeno multicultural con abundantes sistemas políticos, divindades, variedades lingüísticas e relacións comerciais en constante contacto con celtas, iberos, gregos e fisterrás atlánticos.


 

Roteiro Castrexo de Vilela

Este sendeiro parte de Cima de Vila e discorre por unha frondosa carballeira. Une dous importantes vestixios da cultura castrexa, como son o Castro da Croa, desde o que se ascende ao castro de Pena Maior e onde se domina o Val do Limia, e os cumes da Serra de Xurés. Vexetación, patrimonio e paisaxe mestúranse harmoniosamente para ofrecerlle ao sendeirista un escenario perfecto onde desconectar e desfrutar da natureza.

Un castro é un poboado fortificado celta, polo xeral prerromano, aínda que existen exemplos posteriores que perduraron ata a Idade Media en Europa e propios de finais da Idade do Bronce e da Idade do Ferro. Atópanse con frecuencia na península ibérica, en particular no noroeste coa cultura castrexa e na meseta coa cultura das cogotas.

 

Para situarnos no mundo Castrexo, teremos que imaxinar milleiros de poboados coroando os outeiros do noso país, protexidos por enormes murallas; distribuídos pola actual Galicia, norte de Portugal e occidente asturiano, respondendo a un modelo xeoestratéxico que asentou definitivamente a poboación rural galega. Non era unha cultura uniforme e lineal rexida por unha xefatura ou organización estatal, senón que se trataba dun fenómeno multicultural con abundantes sistemas políticos, divindades, variedades lingüísticas e relacións comerciais en constante contacto con celtas, iberos, gregos e fisterrás atlánticos.