Aquis Querquennis

Termas Romanas de Bande - AquisQuerquennis 3D

vsion 18 Maio, 2020 Non hai comentarios

Xenerosas augas termais brotan impetuosas neste pintoresco espazo termal recentemente acondicionado no que, con todo, é posible utilizar as antigas bañeiras. Ás augas, de temperatura comprendida entre os 36 e os 48 graos, atribúenselles propiedades beneficiosas contra o reumatismo e as enfermidades da pel.

Este lugar en Porto Quintela, no municipio de Bande, Ourense, é un dos escasos lugares do mundo nos que un se pode dar un baño termal gratuíto con propiedades mineromedicinais, de día e de noite, en pozas, piscinas e bañeiras abertas baixo o ceo.

En época romana, durante a construción da Vía XVIII entre Braga e Astorga foi preciso establecer diversas bases campamentais. Este lugar resultou ser o ideal para tal labor, non só pola súa estratéxica localización senón, sobre todo, polo descubrimento da existencia de augas termais. Un feito de vital importancia para a poboación civil e militar romana, xa que era costume o seu aproveitamento tanto lúdico como terapéutico.

Ao redor do ano 1985 recuperáronse as dúas primeiras bañeiras. Os arqueólogos obtiveron as pistas debido ás burbullas que afloraban do fondo da auga (a calor que emerxía das termas enseguida mesturábase co frío do) . Non debemos esquecer tampouco mencionar o paso polos viveiros, áreas de lecer, lagoas artificiais e miradoiros, así como as masas de flora autóctona e a repoboación de coníferas, de grande interese botánico.

 

Pártese da zona que arrinca á dereita da Fonte do Foxo en dirección leste, ata percorrer dous km para chegar ás pinturas rupestres do Arieiro, con representacións simbólicas e círculos concéntricos da Idade do Bronce.

Seguindo cara ao norte chegaremos ás sepulturas do Arando, túmulos funerarios Neolíticos con cámara de inhumación. Desde as sepulturas desviarémonos apenas medio km para contemplar o foxo do lobo das Covateiras, e volver ao mesmo camiño polo que se accede á pista principal do Monte Grande.

Descenderemos dous km para virar á esquerda e seguir dirección sur ata chegar á zona de Lermes, onde se sitúan unha fonte, un merendeiro e un pequeno lago. Seguindo a ruta principal nun km chegaremos ao momento de partida.
Durante o circuíto iremos contemplando a gran cantidade de diversidade arbórea do Monte Grande, e a paisaxe das serras circundantes. O bosque alberga gran cantidade de fauna salvaxe, onde destaca o lobo, o raposo, corzos, xabarís, garduñas…